FONTÁN 360. O PRIMEIRO ROSTRO DE GALICIA

O documental proxectouse durante uns 45 minutos falando de Domingo Fontán, un ilustrado, galego, xeógrafo, matemático, político e empresario, coñecido sobre todo por ser o autor do primeiro mapa topográfico científico de Galiza, a Carta xeométrica de Galiza, labor ao que dedicou dezasete anos da súa vida, ademais de ser secretario da Deputación Provincial de Galiza durante o trienio liberal, director do Observatorio Astronómico de Madrid, deputado en Cortes e Presidente da Real Sociedade de Amigos do País de Santiago.

A peza audiovisual convida a facer un percorrido pola historia e a orografía galega, incluíndo entrevistas de especialistas e nocións sinxelas de matemáticas e xeografía, o que a converte nunha ferramenta didáctica atractiva e multidisciplinar. No vídeo explícase que a Carta Xeométrica de Galiza é un mapa físico de Galiza realizado entre 1817 e 1834, e está considerado como o primeiro mapa topográfico e trigonométrico feito en España con métodos científicos e medicións matemáticas (triangulación, altimetría barométrica, etc). (fonte: web da Deputación Provincial de Pontevedra).








Comentarios