Reseña extraída do blog do Club de Ciencia da profesora Sesé Figueira
A actividade desenvolveuse durante toda a xornada e constou de varias fases:
1ª etapa: extracción do ADN de diversas mostras proporcionadas polo alumnado (mazá, mandarina, platano, herbaluisa, codia de árbore, ...).
2ª etapa: amplificación do ADN por PCR.
3ª etapa: electroforese en xel de agarosa para comprobar a presencia de ADN da mostra.
4ª etapa: insercción do ADN da mostra no plásmido con resistencia ao antibiótico ampicilina.
5ª etapa: clonación en bacterias (E.coli). Fase clave de inserción do plásmido na bacteria.
Deixamos toda a noite incubando para que medren as bacterias.
6ª etapa: o mércores voltamos ao laboratorio de Bio para ver os nosos resultados e sacar conclusións.
Cultivo de bacterias con plásmido e inserto de ADN extraído: colonias brancas, este era o resultado esperado.A todos o alumnad se lle clonou o inxerto de ADN en máis ou menos proporción.
UN ÉXITO!!! SATISFEITOS O ALUMNADO, ORGANIZADORES E A PROFE DESPOIS DUNHAS XORNADAS INTENSAS, LABORIOSAS E CON MOITO ENTRENAMENTO NEURONAL.
ATA A PRÓXIMA!!!
Comentarios
Publicar un comentario