A continuación deixo a avaliación enviada pola persoa educadora en representación da Fundación Dignidade e da Fundación LaCaixa en relación aos obradoiros de prevención da violencia dirixidos ao segundo nivel da ESO.
O primeiro obradoiro, dirixido aos grupos de 3º ESO, reflexionou foi sobre a cohesión grupal e a importancia que ten no benestar colectivo, así como para afrontar os conflitos que xorden na convivencia. Foi interesante neste aspecto que ambos grupos reflexionaron sobre situacións pasadas nas que non existía cohesión no grupo ou bo ambiente no aula e como influía isto no día a día.
Ambos grupos falaron de malas experiencias vividas durante o curso de 1º de ESO. Isto pode dar unha pista da necesidade de reforzar procesos de acollida ou dinámicas que fomenten a cohesión grupal (se xa non existen) en futuros grupos de 1º. Seguidamente reflexionouse sobre os estilos de comunicación que existen para resolver un conflito; como un estilo agresivo promove con maior facilidade condutas violentas e a súa escalada. O debate complementouse cun vídeo que facilitou a análise do mecanismo da violencia en relación ao modelo de pensamento-emoción-conduta; así como a análise das consecuencias dunha mala xestión emocional e dun conflito mal resolto.Neste sentido relacionouse transversalmente a importancia da xestión emocional na prevención da conduta violenta. Facilitáronse pautas para xerar un clima propicio para a resolucións dos conflitos; así como se reforzou a demanda de axuda nos casos de que unha persoa non estea recibindo un bo trato e non saiba como xestionar esa situación. Este fío complementouse cun xogo de cartas no que o obxectivo é identificar e expresar, de xeito creativo, emocións a través de formular diferentes situacións. Tamén axuda a lexitimar as emocións dos demais. Transversalmente, durante todo o obradoiro fomentouse a comunicación asertiva, a escoita activa, así como a aceptación da opinión dos demais. Ambos grupos foron participativos e cunha moi boa capacidade de escoita. Se cadra o grupo de 3ºA en conxunto, tivo máis dificultade para expresar opinións diante do grupo. Isto é doado traballalo fomentando máis este tipo de espazos ou tratando temas do seu interese de xeito grupal. No grupo 3ºB, varias persoas menores verbalizaron a súa preocupación por poder ser posibles vítimas de difamacións a través das redes sociais. Alegrámonos ao día seguinte, cando falamos por vía telefónica, ao escoitar que unha alumna demandouvos axuda respecto a este tema porque iso significa que o feito de insistir nos obradoiros en que o profesorado e os pais son persoas claves na de axuda, está funcionando. En resposta a este tipo de situacións informamos ao alumnado de existencia de canles para denunciar contidos inaxeitados nas redes, para que sexan retirados. É unha ferramenta da Axencia Española de Protección de Datos. Achégovos o link
Comentarios
Publicar un comentario