FALEMOS DE SUICIDIO, POR PABLO FERRER I BALSABRE


O alumnado de psicoloxía asistiu onte a unha interesantísima e pouco frecuente conferencia, neste caso telemática, sobre o suicidio a cargo do psicólogo Pablo Ferreir i Balsabre.

LUÍS FERRER I BALSEBRE é doutor en Medicina, ademais de psiquiatra e psicoterapeuta. Ocupou o cargo de xefe do Servizo de Psiquiatría do CUAC e o CHUS. É tamén académico numerario titular da cadeira de brazos de Psiquiatría da Real Academia Galega de Medicina.

O punto de partida da súa exposición foi a experiencia angustioso da conciencia de morte que temos os animais humanos e a nosa especificidade como utilizadores da linguaxe mediante a cal ideamos o futuro e representamos conceptualmente os nosos medos.
A condición animal ten o seu reflexo no cerebro límbico e nas emocións, que entran en conflito co noso cerebro executivo radicado no neocórtex e que dá como resultado esa difícil relación entre a emoción e o cálculo racional.
De entre as emocións que compartimos cos demais mamíferos as máis perigosas teñen que ver coa tristeza e o medo. O sentimento de perda , o sentimento de culpa  e o de fracaso son os máis demoledores (culpa e auto castigo) e causas frecuentes de sucicido, unha cuestión que, por certo, segue a ser tabú na sociedade contemporánea, a pesar da súa tráxica realidade, testemuñada polas cifras:
  • Nos últimos anos producíuse un aumento do 30% de suicidios.
  • Os homes suicídanse un terzo máis cás mulleres, a pesar de que estas inténtano nun número máis elevado de ocasións.
  • O 90 % das persoas suicidas teñen algún trastorno subxacente, especialmente a depresión aguda, alcholismo, esquizofrenia, trastornos de personalidade, trastornos alimentarios...
Como posibles sinais de alarma que nos advirten dos riscos de conduta suicida podemos sinalar:
  • verbalizacións suicidas (declaración de intencións)
  • rumiacións
  • condutas de despedida
  • soedade e illamento social
  • impotencia e indefensión diante da realidade
  • perda de afeccións
  • abandono de obrigas 
  • descenso do rendemento académico
  • mellora repentina do ánimo ou euforia despois dun estado depresivo
  • alteración das rutinas ou patróns de sono, alimentación...
Non hai mellor maneira de previr o suicidio que compartir o pensamento suicida e evitar as rumiacións. A mellor terapia é, pois, a verbalización e a escoita activa por parte de quen se convirta en auxiliador deste sufrimento. E convén convencer a quen sofre que agarde, que non desespere, xa que as emocións son variables e o sufrimento pode ser pasaxeiro. A catarse ou descarga emocional é unha das terapias máis antigas e unha das máis apropiadas na medida en que aminora a angustia acumulada no interior que foi acumulándos en rumiacións.
Con todo, convén alonxarse de certos desencadeantes máis potentes. E máis aínda na adolescencia, caracterizada por ser un período de crise de identidade, de identificación grupal e de búsqueda de independencia emocional.

Comentarios