O NEGOCIO DA PORNOGRAFÍA E DA PROSTITUCIÓN E AS CONSECUENCIAS PSICOSOCIAIS

 Para saber máis, podes acceder á canle de vídeo da Asociación Fiet Gratia ONGD ou á propia web 

Para comezar hai que dicir que a charla foi de tanto interese que nin reparei nunha triste foto para deixar constancia gráfica da mesma. Por iso imos comezar cun pequeno vídeo do que nos falou Helga Pita, a educadora social que coordina o Proxecto de detección de trata de mulleres e que veu a falar deste problema ao noso centro.

Para comezar: 

  • estímase que hai 45.000 mulleres e nenas sometidas a trata en España
  • España é o primeiro país europeo en explotación sexual. 
  • A trata é o terceiro negocio mundial, despois de drogas e armas.
O PROTOCOLO DE PALERMO (contra a delicuencia organizada transnacional)

Por "trata de personas" se entenderá la captación, el transporte, el traslado, la acogida o la recepción de personas, recurriendo a la amenaza o al uso de la fuerza u otras formas de coacción, al rapto, al fraude, al engaño, al abuso de poder o de una situación de vulnerabilidad o a la concesión o recepción de pagos o beneficios para obtener el consentimiento de una persona que tenga autoridad sobre otra, con fines de explotación. Esa explotación incluirá, como mínimo, la explotación de la prostitución ajena u otras formas de explotación sexual, los trabajos o servicios forzados, la esclavitud o las prácticas análogas a la esclavitud, la servidumbre o la extracción de órganos;


A trata non é algo lonxano e raro, nin algo que teña a ver só coa inmigración e a pobreza (aínda que estas circunstancias sexan o seu caldo de cultivo: a desesperación).

A prostitución (explotación sexual) non é algo agradable e rendable: hai coacción, hai extorsión, hai violencia, hai chantaxe.

A trata é unha forma de delicto que viola os dereitos fundamentais da persoa: a súa dignidade, a súa liberdade, a súa integridade.

É unha forma de escravitude do noso tempo, que supón servidume e traballos forzados. Tortura, crueldade, violacións, inhumanidade.

A captación que fan as mafias pode ter a forma dunha oferta de emprego (vinculada frecuentemente a mulleres migrantes que desexan saír da súa situación e do seu país), un casting, unha relación falsa (loverboy) a través da rede para gañar confianza, a través de violencia sexual (violacións grupais que deslexitiman as vítimas) ou o secuestro.

O traslado supón o desarraigo das vítimas e a imposibilidade de atopar unha rede humana de protección.

A explotación sexual é continua e itinerante; as mulleres surten os prostíbulos nos que se produce unha constante coacción e control. A imposición dunha débeda ás vítimas (por custos de traslado) e de multas que agravan a súa situación de servidume.

O consumo da pornografía e a prostitución é a outra cara da moeda. 4 de cada 10 homes son cómplices deste fenómeno de explotación indigna ao consumilas.

As consecuencias para as vítimas son físicas (enfermidades de transmisión sexual, lesións, trastornos xinecolóxicos...), psicolóxicas (depresión, ansiedade...) e afectivo-familiares.


Comentarios