Levabamos agardando dous anos por esta experiencia que tanto proveito educativo ten entre o alumnado adolescente. Un grupo de persoas que cumpren condea por delictos relacionados coas drogodependencias e que actualmente están na Unidade Terapéutica Educacional contan a súa experiencia diante do alumnado e manteñen unha conversa na que interveñen tamén as persoas acompañantes, profesionais que desempeñan un labor importante na rehabilitación e na preparación para a súa inserción social: pedagoga, psicóloga e educadores sociais. Velaquí van uns extractos das valoracións que fixeron da actividade de case tres horas os alumnos e alumnas de psicoloxía de segundo de bacharelato.
É imposible poñer por escrito todo o que falamos e sentimos durante e despois da conversa, pois non hai palabras suficientes. Se dúbida foi unha experiencia incrible que nos fixo reflexionar moito a todos/as e debo dicir que superou as miñas expectativas con creces.
Persoalmente, o que me impresionou inicialmente foi a xuventude dalgún deles, tendo os máis xoves 23 e 28 anos, sabendo ademais que cumpren o seu último ano de condea, sendo esta de 5 e 6 anos.
Algo no que eles insistiron foi no feito de que todos comenzaron consumindo drogas só os fins de semana. Logo diso pasou a ser dous días e logo a diario.
A día de hoxe, catro das cinco persoas que viñeron visitarnos atopábanse na Unidade Terapéutica Educacional na que aprenden a habituarse a unha rutina e a deixar a dependencia das drogas. O máis veterano de todos estaba especialmente emocionado porque en dúas semanas podería saír de forma definitiva do centro e reencontrarse coa súa familia, á que leva sen ver case dous anos.
No que todos estaban de acordo era no medo de volver a fallarse a si mesmos e aos seus seres queridos, a pesar de que teñen moi claro o que queren e o que non queren da vida, todos teñen os seus obxectivos a medio e longo prazo e están moi dispostos a conseguilos.
Emma
Creo que esta charla nos ha ayudado a todos/as a ver lo difícil que puede ser la vida, lo fácil que es engancharse a una droga y después lo complicado que es salir. Por no hablar de las consecuencias emocionales que causa en tu entorno.
Uxío
Ha sido sin duda la mejor charla que he tenido en mi vida. Ha sido muy emocionante escuchar sus experiencias y sus propias historias, pero sobre todo me ha impactado su arrepentimiento y sus ganas de concienciarnos de no ceder ante ningún tipo de estupefaciente.
(...) aunque nuestros progenitores también nos lo digan, hasta que no ves la situación tan de cerca no eres consciente del peligro que existe. Todos ellos han tenido mucha valentía por querer compartir sus experiencias privadas con nosotros/as. Sinceramente y de corazón, espero y deseo que les vaya lo mejor posible en la vida.
Carla
La posibilidad de poder escuchar las historias de las personas reclusas y de charlar con ellos me ha proporcionado una experiencia inolvidable que disfruté mucho. (...) me sirvió para darme cuenta (más aún) de lo realmente malas y problemáticas que son las drogas. Sin duda ha sido única esta charla.
Samu
Unha experiencia inesquecible que non deixará a ninguén indiferente. (...) Admirei a valentía destas cinco persoas por amosarnos as súas historias, emotivas, alentadoras, marcadas por unha infancia difícil e unha vida da que en parte se senten avergoñados; pero sobre todo, conmoviume a ilusión e a esperanza que lle están a poñer de novo á vida, marcándose metas vinculads aos estudos, á familia, ao traballo.... co obxectivo de recuperar o tempo malgastado e que, vendo as súas gañas, de seguro van poder acadar con éxito.
María
(Esta experiencia) me ha hecho recapacitar sobre realidades que a veces se nos olvida que existen. Ellos me han vuelto a recordar lo agradecida que tengo que estar por poder contar con una familia que siempre me ha apoyado y que desde pequeña ha estado ahí cuando lo he necesitado. (...) He aprendido que ante cualquier problema que tenga, lo mejor que puedo hacer es pedir ayuda.
Paula
Comentarios
Publicar un comentario