O profesor da facultade de Ciencias políticas e Sociais da USC, Andrés Cernadas, foi conferenciante convidado polo programa A Ponte para impartir unha interesante charla sobre ética e a súa relación cos ámbitos políticos e profesionais dirixida ao alumnado de bacharelato.
A partir dunha definición inicial dos conceptos básicos de ética, moral e valores morais e de numerosos casos de conflitos éticos cotiás que se presentan en todos os eidos da vida humana, foi presentando diferentes teorías éticas que como o utilitarismo, o hedonismo e o eudemonismo pretenden aportar instrumentos para a toma de decisións. Pero foi o enfoque deontolóxico, que ten a súa raíz na ética kantiana, o que presentou como criterio máis adecuado para extraer unha serie de regras, 4 en concreto, que poden servirnos como guía, aínda que non sexa nada doado aplicalas:
1. Non fagas o que non queres que che fagan.
2. Pensa en que o que ti fagas poidera convertirse el lei universal.
3. Trata ás persoas como fins.
4. Que as razóns que che levaron a facer algo puideran chegar a ser coñecidas por calquera (transparencia)
Como remate, deuse paso a un turno de preguntas que obrigou a prolongar a charla.
Comentarios
Publicar un comentario