OS FALADOIROS COMO FERRAMENTA EDUCATIVA PARA UNHA CULTURA DA DIVERSIDADE






Comezamos a pasada semana o Proxecto de colaboración coa Asociación AMIPA da Comarca do Sar.
A iniciativa, coordinada pola Asociación e polo departamento de Filosofía do noso centro, consiste nunha serie de encontros periódicos na aula cun pequeno grupo de persoas usuarias desta institución acompañadas por dúas educadoras que guiaron as dinámicas de presentación destes faladoiros de sensibilización sobre as realidades compartidas de persoas adultas con e sen discapacidade intelectual.


A proposta de colaboración é manter encontros presenciais no centro educativo co alumnado de Psicoloxía para promover a interacción entre alumnado e persoas con discapacidade para xerar espazos de vivencias persoais e reflexións compartidas, nos que se poña de manifesto o que nos une como seres humanos: capacidades, habilidades, debilidades, expectativas, medos, soños… dende a vulnerabilidade persoal e social de todas as persoas.

Os obxectivos do proxecto son:
  • Lograr que as persoas partipantes (con e sen discapacidade) poñan en valor a súa identidade e as súas vidas.
  • Recoñecer e empatizar con outras realidades diversas.
  • Visibilizar e valorar as capacidades, vinculadas ás experiencias das persoas participantes (con e sen discapacidade).
  • Promover un cambio de mirada cara as persoas con discapacidade intelectual.
  • Fomentar unha maior inclusión social das persoas con discapacidade na comunidade.



Comentarios