“DO DES-EQUILIBRIO Á DES- CARBONIZACIÓN”, é un proxecto que aborda esta incerta realidade a través da mestura e confluencia da educación emocional e a educación ambiental, e que vai dirixido á mocidade e á terceira idade.
Emprega a saúde integral como fío condutor para buscar espazos de traballo que axuden ás persoas a mellorar o seu desenvolvemento físico e emocional na nova realidade que teñen que enfrontar. Pero tamén busca organizar e acompañar ás persoas coa finalidade de contribuír á “descarbonización” das súas comunidades, facilitando a transición ecolóxica cara a sociedades de baixas emisións. E é que na realidade actual, cómpre máis que nunca reflexionar sobre a nosa saúde, non como definición da ausencia de enfermidades e doenzas; senón como forma de vida que engloba actitudes, prácticas, e hábitos cara a nós mesmas, cara o resto da sociedade, e cara o planeta.
A través de varias sesións de traballo, o grupo está tomando conciencia da repercusión que teñen os hábitos diarios na nosa saúde. Hábitos como os produtos que consumimos, a calidade do ambiente no cal nos movemos, as actividades que realizamos, como as realizamos, e con quen as realizamos, as emocións que sentimos, a maneira na cal nos relacionamos, o modo no cal convivimos... Saúde, alimentación, medio ambiente, emocións, relacións, comunidade, e consumo, únense en “DO DES-EQUILIBRIO Á DES-CARBONIZACIÓN” para que o grupo reflexione sobre todos eses hábitos e prácticas presentes no noso día a día e a capacidade de intervir neles para mellorar a calidade de vida das persoas e do planeta.
Nun inicio, mocidade e terceira idade están a traballar por separado, con contidos adaptados ás súas necesidades e intereses, pero a idea é crear unha sinerxia ou confluencia que se desenvolverá a través dunha acción conxunta de DES-CARBONIZACIÓN na contorna inmediata. Deste xeito, a abordaxe das crises sanitaria e climática faise simultaneamente, partindo das necesidades e intereses da mocidade e a terceira idade nunha intervención conxunta (no barrio) que mestura a educación emocional coa educación ambiental.

Comentarios
Publicar un comentario