A través desta videoconferencia impartida polo xeógrafo e climatólogo Alberto González, responsable do Proxecto Climaco da Universidade de Vigo, á que asistiu o alumnado de filosofía de primeiro de bacharelato, puidemos tomar contacto coa problemática do cambio climático a partir de datos recompilados nas estacións metereolóxicas da provincia de A Coruña e de cartografía de alta definición durante dos períodos (1961-1989 e 1991-2019).
A análise comparada dos datos e as imaxes de satélite permiten detectar cambios climáticos que teñen como posible causa a acción humana.
A conclusión máis salientable do estudo é que neste último período se ten producido un aumento das temperaturas medias na provincia que oscila entre os 0,6 e 0,7 graos.
Esta circunstancia de grandes repercusións a medio e longo prazo, debe facernos levar á reflexión, á toma de conciencia da tarefa que temos por diante: reducir as emisións de dióxido de carbono (pegada ecolóxica), reducir o consumo de enerxía fósil, reducir a nosa taxa de consumo e reciclar, cambiar a nosa dieta (e potenciar o mercado de proximidade) e protexer os reservorios de CO2 contidos nas masas forestais.
A diferenciación expositiva entre a exposición dos datos científicos e as medidas de prevención medioambientais non esconde a súa interrelación. Ao contrario, o coñecemento da realidade medioambiental debe facernos tomar conciencia colectiva do problema que debemos atallar dende o presente a través dun cambio de mentalidade e, o máis importante, de conduta.
O global está no local. E viceversa.
Comentarios
Publicar un comentario