As alumnas de Literatura Universal de 1º de Bacharelato traballaron o curso 2020-2021 sobre a obra A peste, de Albert Camus. Esta célebre novela, definitoria da literatura existencialista do século XX, cobra desde a óptica actual unha grande relevancia. A descrición dunha epidemia e o confinamento da poboación na cidade arxelina de Orán, nos anos corenta do século pasado, adquire un significado especialmente próximo nestes tempos de pandemia que estamos vivindo. Neste vídeo, as súas autoras poñen de relevancia as similitudes entre a situación ficticia, maxistralmente creada, por Camus e a situación recentemente vivida en todo o mundo: a soidade, a dor, os coidados ás pesoas afectadas, o medo... Podedes ver o vídeo que realizaron sobre a novela:
Comentarios
Publicar un comentario