O pasado 24 de marzo visitóunos Aloia, unha psicóloga da Fundación Down de Compostela, creada en 1997 para brindar apoios equitativos ás persoas con este trastorno cromosómico. Nela traballan 21 profesionais: logopedas, pedagogos/as, terapeutas ocupacionais, psicólogas/os, traballadores/as sociais, educadores/as sociais, psicopedagogos/as, mestres/as. E as áreas de intervención van da atención temperá, que ten como finalidade promover a inclusión educativa (en coordinación cos centros educativos), á formación e o emprego, á complementaria (lecer, vivenda, tecnoloxías…) e vida adulta e independente
A psicóloga púxonos en coñecemento dos mitos que impiden a súa inclusión e tamén das súas habilidades : memoria para feitos e rutinas, capacidade de imitación de modelos, persistencia e perseverancia, transparencia, meticulosidade e unha capacidade de abstracción limitada. Pero tamén posúen xenericamente puntos críticos: necesitan máis tempo no proceso de información pola súa diminución da capacidade de concentración; unha capacidade por riba da media para esquecer xa que non producen estratexias nomotécnicas; unha dificultade para realizar xeralizacións, para almacenar información e para detectar estímulos para adaptalos a unha nova situación.
Deixámosvos aquí unha recomendación que nos fixo
Comentarios
Publicar un comentario