O COIDADO DO NOSO ENTORNO: IMPACTOS NA DINÁMICA DO RÍO SAR




A chuvia non foi un obstáculo para que as alumnas e alumnos da materia de Cultura Científica se animasen a sair do centro e coñecer un ecosistema que temos ben preto, o río Sar.

O biólogo padronés e exalumno do noso centro, Luis Tapia acompañounos nesta andaina a axudóunos a comprender o funcionamento dun río e todos os impactos que as persoas exercemos sobre el.

Os sistemas fluviais son ecosistemas complexos nos que un impacto en calquera tramo do seu percorrido ten efectos sobre os outros. Un bo exemplo é a canle de derivación do río Sar: esta limita a cantidade de auga que circula polo leito orixinal do río, o que orixina problemas tales como a acumulación excesiva de sedimentos no fondo, o que á súa vez afecta á fauna e flora fluviais. Pensade que a natureza funciona coma unha ringleira de fichas de dominó: non podes tirar unha sen afectar ás outras.

Outros problemas dos que tivemos a oportunidade de falar foron a perda de biodiversidade, as especies invasoras (sabías que no noso río Sar abunda a tartaruga de Florida?) ou a contaminación fluvial.


 


Comentarios

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Luis, o biólogo e guía o paseo, lembroume o exemplar comportamento do grupo e a imprescindile colaboración da profe Alba. Reparou tamén en que anteonte foi o Día Mundil da Educación Medioambiental. A maxia non podía faltar neste día gris e poallento.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario