A experiencia de acoso escolar da escritora IRENE VALLEJO

 

 

Nun curso sobre aulas virtuais que fixen a finais de 2019 un colega profesor de Latín faloume emocionado do ensaio titulado El infinito en un junco, de Irene Vallejo, una filóloga clásica zaragozana que logrou con esta obra o Premio Nacional de Ensaio 2020. Animada polo seu entusiasmo, decidín mercalo e atopeime cun ensaio marabilloso, esplendidamente escrito, que derrocha sabedoría e amor polos libros.

Irene Vallejo fai un relato rigoroso da invención dos libros no mundo antigo pero sabe enchelo de vivencias persoais que converten a súa lectura en algo delicioso. Sen embargo, no capítulo titulado “Botes salvavidas e mariposas negras”, no mesmo no que fala da destrución da Biblioteca de Saraxevo e das bibliotecas que montaron os nazis nos seus campos de concentración, golpeoume a narración descarnada da súa propia experiencia de acoso escolar.

Examinade, primeiro, a súa foto. Destila fraxilidade e intelixencia, e probablemente foi isto último, a súa brillantez intelectual o que a converteu en vítima azarosa dun acoso escolar que se prolongou durante catro anos. No seu relato do asedio sufrido explica como os libros se converteron na súa táboa de salvación e recupera un conto de aventuras escrito por ela mesma neses anos que reflicte dun xeito figurado a súa experiencia e tamén a súa capacidade de resistencia.

Preme aquí para ler un fragmento do capítulo Botes salvavidas e mariposas negras, do que destaco estas reflexións:

 Acepté el código vigente entre los niños, acepté la mordaza. Todo el mundo sabe, desde los cuatro años, desde siempre, que chivarse está muy mal. (…) Interioricé que el único atisbo de dignidad a mi alcance consistía en resistir, en callarme, en no llorar ante los demás, en no pedir ayuda.”

“Por autoestima mal entendida, por vergüenza, obedecí la norma: ciertas cosas no se cuentan. Querer ser escritora ha sido una tardía rebelión contra esa ley. Esas cosas que no se cuentan son precisamente las que es obligado contar. He decidido convertirme en esa chivata que tanto temí ser.”

Comentarios

Publicar un comentario