A seguinte metáfora do acoso ilustra ben o impacto psíquico que ten na persoa que o padece e por iso propoñemos que a probes ti tamén. Colle un papel, enrúgado e logo estírao. Tenta alisalo. Que observas? Que é o queda?
Hoxe a escola debe ser un espazo onde as persoas poidan interactuar nunhas condicións de seguridade e respecto necesarias para o desenvolvemento das súas aptitudes. As diversas formas de discriminación e violencia que aínda existen e se invisibilizan e toleran a través do silencio e a inacción poden ser causas de feridas que nunca cheguen a cicatrizar e que, tal e como Pedro dixo, poden incluso ser os detonadores de trastornos psicoemocionais que poden desencadear enfermidades mentais.
É fundamental o empoderamento da vítima e unha acción educativa e microsocial de protección e seguridade mútua.
Comentarios
Publicar un comentario