Afoutas nos camiños




           

            Foto Ruth Matilda Anderson

Afoutas nos camiños:
Consuelo Touriño Ríos, Mª Luísa Blanco Magán, Carmen Osorio Chaves, Concha Grela Magariños, Mª del Carmen Pastoriza Pena, Alicia Agrasar Jamardo, Carmen Gómez Boullón, Mª del Carmen Rodríguez Vázquez, Mª Manuela González Pérez, María Rodríguez González.
 

Afoutas nos camiños é un traballo realizado por alumnado de Lingua Galega e Literatura de 1º de Bacharelato do IES Camilo José Cela  de Padrón o curso 2019-2020, dentro do proxecto Club de Letras.
Naceu coa vontade de homenaxear as patifas, mulleres, nenas, que na posguerra mercaban peixe en Pontecesures para despois repartilo por lugares máis ou menos cercanos: Iria, Padrón, Arretén, Pedreda, O Roucón, Boqueixón, Lestedo, A Estrada ou Vedra. Chegaron a ser unhas 40 ou 50 “botadas ao camiño”. O pago moitas veces era en especie porque os seus clientes non tiñan diñeiro: así caían patacas, ovos, pan de millo ... Trala guerra ese camiño silandeiro facíase entre os mortos debrocados nas cunetas. Así, ducias e ducias de quilómetros diarios para axudar na maltreita economía familiar.
Ampliamos o proxecto inicial ao considerar que coma elas, houbo outras mulleres afoutas que naqueles anos de fame e miseria sacaron adiante as súas familias co seu esforzo en diferentes traballos.
A todas elas e a outras moitas afoutas o noso agarimoso recoñecemento. Sodes as nosas heroínas, o modelo no que mirarnos. Grazas.

Comentarios