No mes de xaneiro, continuando coa exposicións sobre as autoras máis importantes da literatura española dos séculos XX e XXI, e insistindo na subversión dos roles de xénero
tradicionais que estas mulleres protagonizaron, o alumnado de 2º de Bacharelato presentou a Gloria Fuertes na clase.
A pesar de ser unha poeta fundamental para entender a poesía española posterior á Guerra Civil e malia a súa popularidade, debida ao seu labor como divulgadora cultural (na televisión e na radio, en recitais e tertulias e mesmo como creadora dunha biblioteca ambulante), a "alta cultura" só empezou a valorala nos últimos anos.
Por que se ignorou unha obra de enorme calidade e orixinalidade? Polo feito de ser muller e de non pregarse ao modelo feminino do franquismo: en vez de quedar na casa sometida aos valores tradicionais, lonxe da esfera pública e da cultura, Gloria Fuertes fundou unha tertulia de mulleres poetas, Versos con faldas, que só durou dous anos: as institucións onde se reunían consideraron que a reunión de mulleres compartindo as súas creacións poéticas era unha actividade subversiva de máis e boicotearon de distintos modos a tertulia.
Os alumnos de 2º A Damián Bernárdez Sende, Iván Gómez Bello e Román González Diéguez destacaron como rasgos máis salientables da poética de Gloria Fuertes a súa
vinculación coa cultura popular, o compoñente autobiográfico e o
compromiso social e ético.
Antía Feáns Casal, María González López, Nerea Quintela González e
Vanesa Vidal Crespo, de 2º B, afondaron nas causas do desprezo que se mostrou pola obra de Gloria Fuertes ata hai poucos anos.
Comentarios
Publicar un comentario