O SUICIDIO DE LUCRECIA

Cando o alumnado se achega a coñecer o mundo clásico, descobre, sen gran sorpresa, todo hai que dicilo, que era como o noso, un mundo de homes. Se nun texto latino aparece algún nome de muller, sempre esposa de ou filla de, sen dúbida responderá a un destes dous modelos: MATRONA ROMANA, símbolo de virtude, de pudicitia, que desempeña á perfección o papel que a sociedade lle asignou; ou HARPÍA INTRIGANTE, que sementa o mal ao seu paso.
Sendo esta a situación, decidín participar no Club de Letras Cambiamos o conto co alumnado de bacharelato fixándome dous obxectivos:
Analizar o modelo de muller virtuosa que nos transmitiron os romanos desde unha perspectiva actual.
Visibilizar a mulleres que destacaron en diferentes eidos malia as circunstancias e o tempo no que viviron.
A análise do papel que a sociedade lle asignou ás mulleres. representado na dramática figura de LUCRECIA, correspondeulle ao alumnado de 2º de bacharelato. Na primeira avaliación lemos a tradución do texto de Tito Livio que describe a violación e analizamos como o episodio foi tratado ao longo da historia da arte, especialmente da arte italiana.



Posteriormente decidín facer unha adaptación do texto latino para que no segundo trimestre preparasen unha pequena dramatización na clase. E nesas andamos

Comentarios