OBRADOIRO DE PERFORMANCE

Mañá, martes 29 de outubro, comeza o OBRADOIRO DE PERFORMANCE, dirixido pola artista financiado polo Concello de Padrón.
Ana Gesto e
Ao longo do mes de novembro o alumnado de Primeiro de Bacharelato poderá participar activamente nas sesións prácticas de iniciación á este tipo de arte que toma como vehículo de expresión o propio corpo.
O obxectivo deste obradoiro é o de iniciar e formar o alumnado para a realización dunha acción colectiva polas rúas de Padrón o día 21 de novembro, en conmemoración do 25 N Día Contra a Violencia Machista.



Ana Gesto autodefínese como  performer e artista visual. Artista  poliédrica que deseñou ao longo da súa traxectoria profesional un universo simbólico de obxectos  trasmutados que  fluctúan entre estética, materia, son e emoción. Aínda que a súa produción artística atópase a medio camiño entre a  performance, a vídeo-creación e a fotografía, a súa obra acusa unha forte tendencia cara á linguaxe escultórica e a experimentación acústica como medio para reafirmar a súa identidade cultural e as súas raíces.
A artista centra as súas inquietudes no potencial escénico e documental do medio  performático que, tendo ao propio corpo como soporte, permítelle indagar na evocación sensorial doutros tempos e espazos, a interacción entre os diversos elementos híbridos que conforman o seu imaxinario estético, a construción dun ambiente invadido por referencias harmónicas e  disonancias superpostas…Enerxía e paixón a través de accións intensas e solemnes, dun lirismo, ás veces dramático, só roto en certas ocasións polo estudado emprego da fina ironía ou a implicación do público nas súas accións.
Por iso, cada peza é única en si mesma e, ao tempo, dialoga abertamente coa súa produción pasada e futura, pois o compoñente  procesual e evolutivo forma parte do resultado final.

    Patricia  Cupeiro López


Comentarios