O CLUB DE LETRAS XA ESTÁ EN MARCHA !

Iniciamos o curso cun novo proxecto de actividades dirixidas a todo o alumnado do Cela no que colabora profesorado de Humanidades de diferentes departamentos: Lingua e literatura galega, Lingua e literatura española, Francés, Latín e Grego e Filosofía. O tema común das mesmas será a igualdade e na visibilización do papel da muller nas diferentes áreas socio-culturais.

As dúas primeiras actividades tiveron lugar onte, martes, 22 de outubro.

Pola mañá, os dous grupos de 4º ESO visitaron o Museo do Gravado á Estampa Dixital, de Artes, no Concello de Ribeira.
Visitamos as exposicións deste magnífico museo (que atesoura máis de 40.000 gravados e estampas impresas dende o século XVI ate os nosos días):

Alberti e Lorca no Museo do Gravado e Atlante,

Obras participantes no concurso de gravado Atlante que convoca o propio museo,

Biblioteca de publicacións relacionadas co gravado, estampa e libros de artista.


E asistimos tamén a un obradoiro de iniciación ás técnicas do gravado.

E pola tarde, inauguramos a primeira exposición do ciclo AULA-GALERÍA, na aula de filosofía. Na sesión de tarde tivemos a oportunidade de conversar coa fotógrafa profesional padronesa Merce Ares e entre todos e todas penduramos as fotos das paredes. A temática da mostra é variada, pero hai unha sección na que a protagonista é a muller rural.
 Lembrade que a exposición estará aberta ate o 22 de novembro.





Comentarios