O alumnado de 4º da ESO xunto cun grupo de profes de Xeografía e Historia e Bioloxía e Xeoloxía realizaron unha saída ao monte Meda (Padrón) para coñecer de preto a vexetación autóctona galega.
Durante o percorrido puideron observar ameneiros típicos de ribeira, castiñeiros (Castanea sativa), carballos (Quercus robur), toxos (Ulex europaeus), xestas (Cytisus scoparius), distintos tipos de breixos e algunhas especies de cogomelos. A nivel xeolóxico, tamén se observou ao longo do camiño a composición do solo, formado principalmente por granitos e cuarzos. Foi unha experiencia enriquecedora para descubrir a biodiversidade e a xeoloxía do noso entorno máis próximo.









Comentarios
Publicar un comentario