Exposición pictórica "Olladas á terra renacida"


Inauguramos o blog deste novo curso ca exposición do pintor Lestrovense, baixo o que se atopa un antigo alumno do noso IES: Mateo Pardal.

El mesmo presentounos a súa obra: ““Pinto cadros que teñen relación coa cultura popular galega, co fin de darlle voz e denunciar certas inxustizas que fixeron que se invisibilizase.

Tomo como referentes históricos sobre todo a Rosalía de Castro e Castelao; no ámbito pictórico, a artistas galegos -Laxeiro e Tomás Barros- e outros mais recoñecidos coma Picasso. Non encaixaría a miña pintura nun estilo concreto, xa que pódense percibir certas influencias do cubismo do malagueño en certos cadros pero, principalmente, inspírome nos artistas neo-expresionistas.

Lévame mais tempo definir os elementos e a narrativa do cadro que pintalo, xa que, unha vez empezo, podo tirarme todo o día para rematalo.

A maioría das obras están feitas con diferentes técnicas (acrílico, óleo, spray, ceras…) sobre lenzo ou táboa”.



Comentarios