OBRADOIRO DE REGUEIFA NO DÍA DAS LETRAS

 

Os regueifeiros, Caruncho e Pinto, coordinaron esta animada velada creativa dirixida ao alumnado de 2º ESO. Un achegamento didáctico e divertido á cultura popular galega e á tradición oral. En palabras do propio Pinto de Herbón, ex alumno e familia da nosa comunidade educativa: un obradoiro marabilloso, un dez para o alumnado en saber estar, en comportamento, aptitude e actitude participativa. Tédelos ben encamiñados, parabéns a todos os/as ensinantes.

Comentarios