ENCONTRO COA UNIDADE TERAPÉUTICA DO CENTRO PENITENCIARIO MONTERROSO

 



Outro curso máis, e van sete no Camilo, contamos coa posibilidade de asistir a unha actividade que suscita un gran interese no alumnado e que é comunmente valorada como moi positiva. Trátase dun Encontro cun equeno grupo de persoas reclusas do Centro Penitenciario Monterroso de Lugo que actualmente están insertos nun programa de educación terapéutica que ten como fin o de axudar a persoas cunha historia persoal marcada pola drogodependencia. As catro persoas protagonistas viñeron acompañadas por tres funcionarios: a vicedirectora, a psicóloga e un educador, responsables das actividades do grupo, dentro e fóra do espazo carcelario.
A actividade foi coordinada polo Departamento de filosofía e asistíu o alumnado de Primeiro de Bacharelato e o grupo de Psicoloxía de Segundo.


Comentarios