PROXECTO TERRA / SAÍDA DIDÁCTICA AO REGO DE RETÉN

O pasado martes 28 de marzo fixemos unha saída de campo ao rego de Retén co alumnado de 3º da ESO. A actividade, asociada ao Proxecto Terra, enfocouse en determinar o estado ecolóxico deste rego, avaliando a calidade do hábitat, da vexetación de ribeira e a calidade da auga, entre outras cousas. A parte principal do proxecto baseouse na mostraxe de macroinvertebrados e no sei análise como índices biolóxicos que nos informan sobre a calidade da auga na que viven.
O alumnado investigou sobre cada un destes aspectos, compeltando unha ficha de resultados da avaliación e facendo un pequeno informe sobre as conclusións obtidas.









Comentarios