Nesta nova xeira do Proxecto de Acompañamento e Dinamización de Persoas Maiores que estamos a desenvolver no Centro de Día Iglemen, de Padron, o alumnado de Psicoloxía de segundo de bacharelato probou unha actividade que serviu como dinamizadora e estimuladora de capacidades básicas psico motrices das persoas usuarias do centro. Un obradoiro de iniciación á papiroplexia que foi, neste caso, dirixida por unha das alumnas e que foi monitorizada polo resto do grupo. A experiencia produciu momentos moi entrañables que tentei captar coas imaxes que aquí deixo. Continuaremos en vindeiras sesións probando diferentes actividades.
Comentarios
Publicar un comentario