Magnífica exposición de maquetas realizadas polo alumnado de 2º ESO arredor da arte románica e gótica. A mostra foi coordinada polo profesor de Xeografía e Historia, Fran Pérez Boo, e permanecerá á vista da comunidade escolar druante dúas semanas, aproximadamente. Á espera de poder amosar unha galería individualizada das obras sirvan estas imaxes que recollern o aspecto xerral do corredor da planta baixa. Parabéns para o alumnaado por tanta pericia e por tanta beleza.
Comentarios
Publicar un comentario