Dende o Departamento de Matemáticas e como unha actividade dentro do Programa IGUÁLA-T destinamos este mes de marzo, mes das Matemáticas, a facer unha actividade enmarcada no día da muller e da nena na Ciencia, na que investigadoras da Universidada da Coruña dan a coñecer dunha forma sinxela e próxima a súa traxectoria científica e vital e, ademáis dos seus logros profesionais, relatan anécdotas co obxectivo de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.
Os alumnado de 4ºESO que quixo participar nesta actividade, 15 alumnos e alumnas, gravaron vídeos cas preguntas que lles querían facer ás científicas para que lles contesten e participar nun sorteo para visitar algún dos Centros do Parque Tecnoloxíco da Universidade da Coruña e así coñecer onde traballan.
Comentarios
Publicar un comentario