O vindeiro mércores, 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller, unha data conmemorativa da loita individual e colectiva a prol da integración laboral e social das mulleres e pola igualdade.
O noso centro quere sumarse a esta reinvindicación a través da organización dunha charla coloquio na que participarán catro mulleres que forman ou formaron parte da nosa comunidade educativa. Algunhas delas foron ex alumnas, nais e incluso avoas de mozos e mozas que estiveron nas aulas ou que seguen a estar. Pretendemos que o acto sexa unha ocasión para o intercambio de experiencias vitais e profesionais destas mulleres de diferentes xeracións e con ocupacións profesionais distintas e agardamos que este encontro sexa tamén unha experiencia educativa propicia para espertar a sensibilidade igualitarista e para xenerar un debate tan próspero como o que tivo lugar o curso pasado, xa que a intervención do alumnado sacou á luz cuestións transversais tales como a educación afectivo-sexual que, a xuízo da rapazada, é aínda unha asignatura pendente do sistema educativo, ou as variadas formas de violencia que de modo difuso seguen a influir na vida e perspectivas profesionais das mulleres de hoxe.
Agradecemos desde aquí a colabración desinteresada das nosas convidadas.
Comentarios
Publicar un comentario