Tal día como hoxe, hai máis de corenta anos, o 23 de febreiro de 1981, un grupo de militares e gardas civís asaltaron o Parlamento español mentres se votaba a investidura do presidente electo, Leopoldo Calvo Sotelo. Daquela, a sociedade civil ficou sorprendida e tensa por este amago de volta á dictadura, xusto cando comezaba a andar o sistema democrático logo de corenta anos de nacionalcatolicismo franquista, de represión e falta de liberdades básicas.
Por medio desta acción colectiva queremos rememorar un episodio histórico fundamental na nosa historia a través dunha experiencia emocional de carácter público que axude a situar no contexto ás novas xeracións, xa lonxanas no tempo pero sensibles tamén á desinformación e ás imposturas cínicas e frívolas que nos chegan a través dalgunhas redes sociais.
Para que non se repita, e pese ás imperfeccións do noso sistema democrático, apostamos por unha educación que teña como fachos a liberdade de pensamento e acción, a tolerancia e a solidariedade, precisamente as bestas negras das variadas formas de reacción pasadas, presentes e futuras.

Comentarios
Publicar un comentario