Dende o Departamento de Matemáticas e como unha actividade dentro do Programa IGUÁLA-T desenvolvemos este mes de marzo, mes das Matemáticas, unha actividade enmarcada no Día da muller e da nena na Ciencia, na que investigadoras da Universidade de A Coruña deron a coñecer dunha forma sinxela e próxima a súa traxectoria científica e vital e, ademáis dos seus logros profesionais, relataron anécdotas co obxectivo de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.
Os alumnado de 4ºESO que quixo participar nesta actividade, 15 alumnos e alumnas, gravaron vídeos coas preguntas que lles querían facer ás científicas para que lles contestaran coa fin de poder participar nun sorteo para visitar algún dos Centros do Parque Tecnoloxíco da Universidade de A Coruña e así coñecer onde traballan.
Comentarios
Publicar un comentario