O xoves 23 de febreiro un nutrido grupo de alumnos e alumnas do noso centro visitou o CEIP Iria Flavia, situado a carón do noso centro, para ler textos literarios infantís de forma dramatizada a varios grupos de nenos e nenas de educación infantil (3, 4 e 5 anos) e de 1º e 2º cursos de primaria (6 e 7 anos).
A actividade resultou todo un éxito e os nosos lectores e lectoras adolescentes ficaron moi satisfeitos coa experiencia de ler en voz alta e con xestualidade aos máis pequenos
ALUMNADO PARTICIPANTE:
De 3º da ESO_ Iris Mourelle, Anxo González, Jacobo Gómez, Hugo García, Jorge Santiso e Eloy Quintans.
De 4º da ESO _ Nerea Míguez, Pablo González, Hugo Carballo, Antía Franco, Candela Romero, Hugo Rial e Uxía Eitor.
De 1º de Bacharelato_ Ariana Baleirón, Samuel Baleirón, Candela Sampaño, Antía Méndez e Abel Vázquez.
O alumnado participante nesta actividade preparou durante varios recreos a lectura en voz alta de contos infantís en galego publicados pola editorial OQO (Mago rosa, A sopa queima, Mariluz a avestruz, A vella na botella, Bebé bigotes...) que escolleron en función das idades ás que ían dirixidos.
Comentarios
Publicar un comentario