IMAXINA A PAZ

Xa, o día da paz é un día antes da data que aparece no cartel. Pero ás veces hai que contar cos erros, esquecementos e, en fin, cos pequenos imponderables da vida, como por exemplo o de non ter un programa de edición para corrixir esta flagrante equivocación. Con todo, o día da paz é o 30, pero tamén o 31 e cada día do ano se consideramos o lema como expresión dun desexo nacido da nosa natureza ética. Como non hai mal que por ben non veña e como tampouco se contenta quen non quere pode servirnos o lema final de 365 días de paz imaxinando un mundo sen violencia. E todxs contentxs.
E para celebrar esta alta e pouco contemporánea aspiración nada mellor que participar nunha pequena velada músico-poética a cargo das irmás Méndez Castro, Antía e Sandra, e dos recitadores Iván Casal e Cristian López.

 

Comentarios