FOOT PALLASOS EN REBELDÍA





 O pasado día 21 de decembro, o actor Fran Rei, membro de Pallasos en Rebeldía, representou o monólogo, basado en feitos reais, pero en clave cómica dun futbolista palestino que nos fala sobre o imposible camiño para clasificarse na Copa Mundial nun país, Palestina, ocupado, militarizado, corrupto e violento que trunca a vida e a esperanza de homes, mulleres, nenos e nenas que viven nunha realidade social e política que os priva dos dereitos fundamentais. 

O monólogo foi escrito polo dramaturgo palestino-americano Ismail Khalidi e foi dirixida por Iván Prado.



Comentarios