CONFERENCIA SOBRE LINGUAXE PUBLICITARIA

 Dentro do programa A PONTE da Universidade de Santiago de Compostela, chega a primeira dela ao
noso centro, solicitada polo Departamento de Lingua Española e Literatura e baixo o título 

O discurso publicitario dirixido ao público infantil e xuvenil dende unha perspectiva lingüística, un percorrido visual e conceptual pola publicidade a través do cal foron aanlizadas as características lingüísticas e narrativas das mensaxes publicitarias, as súas figuras retóricas e, en fin, as implicacións expresivas desta linguaxe orientada á persuasión. 

A actividade foi dirixida ao alumnado de Primeiro de bacharelato.

 

Comentarios