ACTIVIDADES DO NADAL


Exhibición das postais de felicitación realizadas polo alumnado de 1º e 2º ESO para o Concurso de Postais. As persoas gañadoras deste concurso, premiadas coa publicación da postal e dun texto alusivo, foron Paula Paz Franco (ilustración) e Íker Filgueira Blanco (texto). 

No remate das clases previo ás vacacións...

Partido de fútbol mixto: IES Macías o Namorado vs IES Camilo José Cela.

Obradoiro de Nadal na ESO

Entrega de Premios ao alumnado gañador do Concurso de Ensaios Contra a Violencia Machista, coordinado polo Departamento de filosofía. As persoas premiadas foron Noa Miguéns e Nico Constenla, de Primeiro de bacharelato.
 
Acto de Inauguración da Exposición de Debuxos e Pinturas do alumnado do Club de Debuxo, coordinado polo profesor Manuel Marín, con protagonismo da música e da poesía e con gran afluencia de público.
Os traballos artísticos pertencen a Paula Paz, Sandra Méndez, íKer Filgueira, Astrid Ivanoff e Ana Calvo.




O día 22 foi un día de festa tamén para o profesorado. 
Tivo lugar tamén un Obradoiro Quérote + cos grupos de 3º ESO pero, lamentablemente, non temos ningunha foto.

Comentarios