O GRUPO DE PSICOLOXÍA CELEBRA O NADAL CUN CHOCOLATE

Como modo de ir despedindo o ano e tamén de atopar motivos para festexar a posibilidade que temos de atoparnos semanalmente para compartir conversa e afectos cos nosos amigos e amigas maiores do centro IGLEMEN de Padron e tamén co persoal laboral que alí traballa, decidimos aportar uns churriños ao chocolate ofrecido polo Centro de Día. Durante o almorzo tivemos tamén unha interesante conversa con Andrea, unha alumna en prácticas de ciclo, Sheila, terapeuta ocupacional e Raquel, xerente do Centro.


Comentarios