Cada mes o alumnado de filosofía de primeiro de bacharelato elabora unha composición escrita orixinal e crítica sobre un tema coa axuda dalgunhas pistas argumentativas que o alumnado pode utilizar como guía. Logo da lectura pública na aula o grupo de clase selecciona as dúas mellores producións utilizando unha sinxela rúbrica que atende tanto aos aspectos lóxicos de razoamento como á expresión lingüística e corporal. Durante este mes en concreto foron seleccionados oito ensaios para que foran lidos diante dun xurado formado por alumnxs e profesorxs no Salón de Actos.
Como resultado deste concurso foron seleccionados Noa Miguéns Otero e Nico Constenla Barral, como primeiro e segundo premio, respectivamente.
O alumnado finalista foi, ademais dos gañadores:
Andrea Buela, María Serantes, Lucía Costa, Claudia García, Lois Ares e Íker Forján. Os dous últimos renunciaron a presentarse á fase final.
Comentarios
Publicar un comentario