PARABÉNS PARA O ALUMNADO GAÑADOR DO CONCURSO DO I CERTAME DE TIKTOKS CONVOCADO POLO CONCELLO DE PADRÓN

Sofía Agrasar, Sandra Méndez, Elsa Vidal, Cristian López e Carlota Costa son alumnas/os de 1º ESO A do noso centro e constitúen o grupo gañador do Primeiro Certame de TikToks convocado polo Concello de Padrón, con motivo do día 25 N, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. A curta seleccionada como gañadora ten por título 016 SALVAVIDAS.

O vindeiro día 25 de novembro celebrarase o acto de entrega de Premios no Auditorio Municipal, ás 7 da tarde. Estades todos e todas convidados.

Comentarios