María é unha xoven estudante universitaria de Rois que, logo da súa experiencia persoal, decidíu escribir e autoeditar un libro sobre o TEA (Trastorno de Espectro Autista) absolutamente necesario para dar a coñecer, sensibilizar e normalizar a vida das persoas que padecen este tipo de trastorno que as converte en neurodiverxentes.
Ademais do interese académico que este libro ten para o alumnado adolescente, cómpre destacar a dimensión existencial desta aventura de escritura e autoedición e o que isto implica canto a despregue de enerxía e perseverancia que hoxe podemos coñecer de primeira man. Deixamos unha breve reseña da obra que figura na web da editora e tamén o enlace por se queredes mercalo:
https://libros.cc/El-club-de-los-neurodivergentes.htm
No corazón de Galicia viven Julia, Leo, Manuel, Filipa e Eva. Todos eles pertencen a distintas clases sociais e orixes, pero teñen algo moi especial en común: padecen TEA. Lonxe de supoñer tristeza para eles, acéptanse como son e tratan de vivir as súas vidas como calquera outro mozo. Con todo, non todo o mundo pensa igual.
A través das vivencias destes cinco mozos e das das persoas que forman parte da súa contorna, mergullámonos nunha historia que pretende explicar da maneira máis realista posible, o que supón ter autismo e, polo tanto, pertencer á comunidade “neurodivergente”.
Comentarios
Publicar un comentario