TRASTORNO DE ESPECTRO AUTISTA, CON ALBA OTERO


Durante a sesión de Psicoloxía de hoxe entablamos un intersante coloquio con Alba Otero, estudante do Grao de Historia da Arte na USC e ex alumna do noso centro, arredor do TEA, dos prexuízos e estereotipos sociais aos que se teñen que enfrontar as persoas con este tipo de trastorno. Tamén de cuestións adxacentes igualmente importantes como a capacidade do sistema educativo para integrar a neurodiversidade nun contexto de masificación e uniformización de currículos dentro dunha práctica maioritariamente reprodutiva que pon en evidencia a declaración de intencións e dos seus obxectivos. Mágoa que o tempo, escaso coma sempre, teña sempre a última palabra.

Agradecemos desde aquí a Alba a súa boa disposición a colaborar neste ciclo de encontros na aula arredor de cuestións referidas aos diversos campos e aplicacións da psicoloxía que comezamos coa psicóloga clínica Ana Núñez Rubines, coordinadora do grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias.

Comentarios