O noso instituto decidiu crear unha iniciativa para concienciarse máis co planeta á hora de reciclar. A clase de Cultura Científica de 4º da ESO foi polos cursos da ESO explicando a importancia da reciclaxe e deixando novas papeleiras (papel-cartón e envases lixeiros) para colaborar con ela. Algunhas clases foron moi participativas e outras máis caladas, pero sacamos como conclusión que só unha porcentaxe moi baixa de estudantes recicla na súa casa. A maioría deles comprometéronse a comezar a reciclar no instituto e a concienciarse co medio ambiente. Esperamos a concienciación e colaboración tanto de estudantes como de profesores e o resto de persoal do centro para que esta iniciativa colla forma e poñamos cada un o noso grao de area
O
Comentarios
Publicar un comentario