No día de onte o alumnado de 3º ESO do noso centro, acompañado por David e Luísa, participaron nesta experiencia colectiva organizada pola Fundación contra o narcotráfico da Arousa e que consistíu nunha andaina de aproximadamente 14 kms que partíu da Carballeira do San Martiño e chegou á catedral de Compostela.
Nesta actividade participou alumnado e profesorado de varios centros educativos da Arousa: IES A.Cotarelo, IES Castro Alobre, Colexio Sagrada Familia, Colexio San Francisco (Vilagarcía de Arousa), IES Francisco Asorey (Cambados) e Colexio Galaxia (Ribeira).
Comentarios
Publicar un comentario