![]() |
Ana, no centro desta foto do Equipo (foto extraída da web do Colexio de Psicólogos de Galicia) |
Ana Núñez Rubines é unha psicóloga clínica natural de Padrón. Desde hai un tempo coordina o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias de Galicia. Hoxe, hai máis de oito anos, na tarde do 24 de xullo de 2014 tivo lugar en Compostela un tráxico accidente ferroviario no que morreron 80 persoas e se produciron numerosas vítimas directas e indirectas. Precisamente hoxe están a celebrar o xuízo para dirimir a responsabilidade deste fatídico accidente.
o Grupo de Intervención actúa nos casos nos que chai máis de dúas persoas falecidas dunha mesma familia, persoas menores falecidos ou afectados, cando se prevean complicacións no rescate ou prolongación da atención no mesmo lugar do suceso ou mesmo cando o impacto e alarma social sexa alto. Todo isto aconteceu no accidente do Alvia e segue a ocorrer, aínda que sexa en menor medida, noutros casos.
Pero desta vez o interese principal foi o de entablar un diálogo sobre aspectos máis persoais e profesionais ligados á súa formación académica e profesional que teñen interese para o alumnado da materia: desde a orixe do seu interese pola pscoloxía e a súa traxectoria universitaria até a elección da súa especialidade, a orientación clínica, as ferramentas diagnósticas, os problemas máis comúns nas consultas e, en fin, as diferentes aplicacións da disciplina en variados campos.
Mágoa que o tempo non dera ocasión de nos facer unha fotiño. Por esa razón pedimos emprestada a do Colexio de Psicólogos. Que o copy nos perdoe.
Comentarios
Publicar un comentario