Reanudamos o Proxecto Interxeracional que iniciamos hai uns anos e que se viu interrompido pola situación de pandemia con moita ilusión en colaboración co Centro de Día para Persoas Maiores Iglemen, de Padrón, a carón do noso centro educativo.
O proxecto, que consiste nunha visita semanal do alumnado de Psicoloxía de segundo de bacharelato ten como obxectivos o de crear unha experiencia educativa de acompañamento e animación das persoas usuarias do centro. Por mor da vixencia do protocolo de seguridade sanitaria que aínda sigue vixente en determinados espazos e con persoas vulnerables teremos que distribuír as quendas semanais en dous grupos alternos máis pequenos que realizarán a visita os martes de 11:35 a 12:25 h.
Nesta primeira visita asistimos o grupo completo e a actividade consistiu nunha breve presentación que xenerou tamén un inicial intercambio verbal.
Desexaríamos expresar o noso especial agradecemento á xerencia do Centro de Día por abrirnos de novo as portas e colaborar activamente no proxecto.
Comentarios
Publicar un comentario