SAÍDA AO ENTORNO FLUVIAL DO RÍO ULLA


 Onte tivemos unha saída medioambiental organizada pola Asociación Amicos. As tres persoas usuarias da Asociación, dirixidas por dúas educadoras, levaron o peso da primeira sesión de sensibilización nas boas prácticas de recollida selectiva de lixo para a reciclaxe. Logo desta breve introdución fixemos unha andaina até a desembocadura do Sar no río Ulla, onde se recolleron mostras de auga para a análise dos parámetros físico-químicos e biolóxicos: auga aceda de máis, altos niveis de chumbo e unha planta invasora moi perigosa, a Elodea. O único bo foi que atopamos un peixe, o espinoso, cunha distribución moi limitada na Península e... apareceu aquí tamén!




Comentarios