PRESENTACIÓN DO PROXECTO XARDÍN UTOPÍA NO XARDÍN BOTÁNICO DE PADRÓN


 O proxecto chegou á súa fin. Ao longo do curso fomos iniciando un percorrido en dúas grandes fases que nos conducíu até onde estamos, xa no final de curso, pero cunha sensación de ter experimentado unha experiencia pouco habitual, a de compartir un proceso de interacción creativa na diversidade.

Foi este proceso de interacción o que deu como froito Xardín Utopía, un legado físíco e virtual que tivo como protagonistas as voces de cada membro do grupo, do alumnado e do voluntariado sénior, que rescataron os textos de Tomás Moro, filósofo inglés do século XVI. Os fragmentos do libro Utopía foron gravados en audio e a través de códigos QR, engadidos á placa de identificación botánica das árbores do Xardín Botánico de Padrón, puidéronse escoitar ao longo de todo o día 8 de maio. 

O acto de presentación do proxecto correu a cargo de Xesús Ron, actor e membro do Grupo Chévere de teatro e coordinador desta segunda fase en colaboración tamén coa Feitoría Verde. A continuación, a alumna de Psicoloxía de segundo de bacharelato, Marta Le e Emilio, en representación do grupo de voluntariado sénior de Padrón, falaron do pouso que deixou esta andaina.


e este estado é o resultado dunha interacción interxeracional que ten como produto o Xardín Utopía. Dun xeito físico e á vez virtual construímos un  testemuño, desgrazadamente efémero, pero ilusionador. Por todo o xardín, os membros de cada grupos, de alumnado e de voluntariado sénior, elixiron ca


Comentarios