O pasado martes o alumnado de 1º de Bacharelato fixo unha saída pola zona de Vila de Cruces e Silleda. A primeira parada da nosa visita foi a fervenza da Toxa, onde puidemos ver a maxestuosidade da súa natureza.
Aproveitamos para percorrer os sendeiros que percorren os bosques do río Deza.
A continuació dirixímonos ao museo da minaría de Fontao, co seu poboado propio da arquitectura dos anos 50 e que nos axudou a entender a extracción de wolframio nestas instalacións e a súa importancia dentro do contexto bélico do século XX.
A continuación fixemos unha parada onde comemos ao aire libre, desfrutando da natureza e dun ambiente moito máis relaxado que nas aulas. Para a tarde continuamos coa nosa andaina ata o mosteiro de Carboeiro, desfrutando do seu incomparable entorno e onde puidemos comprender moito mellor a arte e arquitectura medieval, nun dos mellores exemplos da transición do románico ao gótico. En definitiva foi unha saída moi frutífera tanto dende o ámbito educativo como dende o aspecto persoal e grupal.
Comentarios
Publicar un comentario