O pasado xoves fomos de visita á provincia de Lugo co alumnado de 1º de ESO. A nosa visita consistiu en coñecer o Castro de Viladonga, onde recibimos unha explicación in situ no propio castro e puidemos percorrer o poboado que foi habitado fai máis de 2.500 anos. Despois dirixímonos a Cospeito, onde aprendemos sobre a natureza neste acuífero, o mellor exemplo deste medio natural na nosa terra. Por último achegámonos á cidade de Lugo, onde fixemos unha andaina polas súa histórica muralla e tamén visitamos o museo da Domus do Mitreo, onde nos ensinaron como era a vida, as vivendas e a relixión na antiga Lucus Augusti. A pesares do cansazo todos e todas desfrutamos moito desta viaxe.
Comentarios
Publicar un comentario