Preme na foto para acceder á galería de imaxes
O pasado martes o alumnado de 2º de ESO e de Historia da Arte de 2º de Bacharelato realizou unha saída á cidade de Santiago de Compostela. A visita comezou na Catedral, onde puidemos observar o Pórtico da Gloria, o museo da Catedral e o Panteón Real. A continuación o grupo separouse: por un lado o alumnado da ESO visitou o Museo do Pobo Galego e o Museo das Peregrinacións, lugares que lles axudaron a unha mellor comprensión da realidade medieval que están a estudar nas aulas. Polo outro lado o alumnado de Historia da Arte fixo un percorrido pola cidade vella, facendo especial atención na multitude de edificios históricos e artísticos nela presente (San Martiño Pinario, San Paio de Antealtares, a casa do Cabido…), unha maneira de poder entender mellor estilos como o románico ou o barroco, moi presentes na cidade compostelá. En resumo cremos que foi unha visita moi satisfactoria para o alumnado e para o profesorado, tanto a nivel de experiencia educativa como a nivel de experiencia persoal.
Comentarios
Publicar un comentario